26 de septiembre de 2014

" As miñas fontes de aprendizaxe"




As miñas fontes de aprendizaxe.

   Non se pode negar que as novas tecnoloxías  apórtannos unha cantidade de recursos e accesos á información que fai só algúns anos parecía impensable. Quen diría fai 20 anos que unha gran maioría dos nosos avós e avoas terían móvil. Os contidos de Internet  convertíronse nunha fonte moi accesible que facilita os procesos de aprendizaxe, incluso en individuos dende moi curta idade.

Cada usuario debe definir e poñer en práctica criterios que nos permitan valorar adecuadamente as fontes de información que utilizamos para adquirir coñecemento, prestando atención a aspectos relacionados coa fiabilidade dos datos, credibilidade da fonte, grado de actualización dos contidos, etc.

Os tempos están cambiando moi depresa e constantemente están xurdindo tecnoloxías, ferramentas e servizos que abren un mundo de posibilidades de comunicación e aprendizaxe que nos permiten acceder á información e ó coñecemento dun xeito persoalizado, adaptado a nosas necesidades, mellorando as posibilidades de acceso a contidos, a recursos, a experiencias, a opinións, a ideas, posibilitando a creación dunha rede de personas cas que compartimos inquedanzas e intereses.

Este curso é un exemplo da importancia de todas estas ferramentas, moitas delas novas para min,  pero que están despertando un gran interés para as miñas  fontes de aprendizaxe.

Quero destacar a importancia das redes de contacto como unha das fontes a ter en conta. Neste curso temos un exemplo moi claro. O aproveitamento que lle estamos sacando a traballar en grupo, a riqueza que nos aporta e as posiblidades que nos ofrece de cara ó futuro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario