Os
profesionais que traballan con
información, como é o caso dos
profesionais relacionados coa Orientación Profesional e que desenvolven a sua actividade profesional na administración pública ou en entidades
privadas, non son alleos ao término “curación de contidos”. Por tanto, o
orientador profesional pode chegar a ser un “mediador” entre toda a información
“bruta” que circula na rede e a sua
comunidade (as persoas demandantes de emprego ou formación ou na mellora
profesional).
Pero, ¿cómo accedemos aos contidos que nos interesan e os que lle
interesan aos nosos clientes ou usuarios?
A
cantidade de información é tal, que un pode chegar a sentirse abraiado.
¿Cómo organizar esta búsqueda
de información?
Sin
dúbida o primeiro paso para calquer profesional que traballe neste sector é o descubrimento e a selección de
fontes relevantes (con información útil, práctica e veraz).
A
cantidade de páxinas ou webs de organismos públicos oficiais, únense blogs relevantes do sector, medios de
comunicación dixital, portales de emprego, páxinas de empresas ou organismos
privados…. Como consecuencia, o filtrado
e organización de dita información é fundamental para posteriormente darlle saída.
As
actividades do orientador teñen moito que ver coa curación de contidos.
A
curación de contidos consiste en buscar,
atopar e seleccionar os contidos máis relevantes de Internet para
distribuilos despois de xeito segmentado
a través das redes sociais, webs, blogs e outras plataformas.
A
curación de contidos é imprescindible para
establecer unha metodoloxía de búsqueda para non acabar perdido
entre tantas fontes de información.
Unha
das ferramentas que utilizamos neste curso é Storify.
Esta
ferramenta sirve para subir
a tua propia información e atopar a que necesites das fontes á que
te suscribas. Tamén permite compartir,
comentar ou darlle a “me gusta”.
Permite
“contar unha
historia” a través dunha colección de contidos a través da web,
publícase na plataforma e logo compártese nas redes sociais. Moitas empresas
úsana como unha
plataforma máis para dar a coñecer os seus contidos.
Outra das ferramentas utilizadas é Feedly.
Esta
ferramenta que é gratuita almacena os “feeds”
ou últimas entradas de aqueles diarios dixitales, webs e blogs gardados
anteriormente. Permite arquivar e ordenar os feeds
por temáticas.
Paréceme
moi interesante xa que é internet o que traballa para min, o que conleva un
aforro de tempo considerable. Manteño a miña información ordeada e actualizada
diariamente.
Un
exemplo das categorías que teño no meu feedly son as seguintes:
-
Emprego: El Blog de la Orientación / MarcaEmpleo..
-
Formación: Cursos Inem / Formación On line..
-
Psicoloxía: Rincón de la Psicología / Infocop On line…
-
Orientación: Mejora tu C.V.
-
Educación Infantil: Blog “Mi mundo sabe a naranja” / Actividades de educación
infantil
-
Ciencia: Blog de Eduardo Punset / Muy interasante…
-
Tecnoloxía: Xataba / Genbeta…