28 de septiembre de 2014

MEU PLE

ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAXE


A MIÑA REDE

Si me facedes a pregunta de cales son para mín as principais fontes de aprendizaxe a primeira idea que se me ven a mente é as persoas.

No noso traballo para min é fundamental, primeiro coñecer a estrutura interna da entidade na que estamos ubicados, os distintos departamentos e as persoas que están a fronte deles. Tecer un clima laboral satisfactorio para compartir información e aprendizaxe.

Despois hai que ir tecendo a rede cara o exterior. Coñecendo a aqueles outros profesionais e compañeiros que traballan na túa área ou áreas significativas para o teu traballo. Ter unha comunicación fluída para compartir recursos, intercambiar información, prestar axuda e recibila, xuntar estratexias e sinerxias. E deses compañeiros ou profesionais seguir contactando con todo o tecido asociativo, empresarial… da zona. Despois facer todo isto extensible a outros ámbitos xeográficos más amplos. Sobra dicir que este non é un traballo que se faga en pouco tempo, senón que isto é un proceso laborioso que implica dedicación, tempo, paciencia e moito networking.

Eu traballo nunha zona rural e para min non se entende o traballo dunha maneira aillada. Contamos con poucos recursos e a veces incluso con pouca xente cun perfil moi específico para facer grupo e poder achegar a esos demandantes a actividade que eles precisan. Por iso, si non nos xuntamos moitas ideas que merecen a pena morrerían antes de vela luz. As fontes para min son, nesta estrutura arácnida: persoal de orientación, técnicos de emprego,  servizos sociais, educadores familares, persoal de cultura,  persoal informático, asociacións culturais e empresariais, fundacións…etc e como non, os propios demandantes de emprego.

Pero chegados a este punto, despois de deixar claro que o papel principal está para min nas PERSOAS, non podemos obviar o momento que nos está tocando vivir coa introducción das novas tecnoloxías da información e comunicación.

Nesta sociedade da información onde todo avanza vertixinosamente, penso que temos que facer un esforzo e subirnos a este tren. Todo é aprendizaxe, por iso creo que as persoas e as tecnoloxías teñen que ir da man non enfrontarse. O contacto persoal é fundamental pero o contacto virtual está aí pegando forte e non podemos ignoralo. Creo que si aprendemos a manexar estes recursos poderemos facer unha selección do que nos convén e un bo uso deles aplicados ao noso traballo.

Eu no meu día a día, cos coñecementos básicos que teño nesta materia fago uso da web 2.0 e podo dicir que para min estar na rede é positivo..ESTA REDE ATRAPA OPORTUNIDADES!

Para rematar deíxovos un resumo das FERRAMENTAS que emprego:

Para buscar e consumir información
- Por suposto o omnipresente "buscador de Google" e wikipedia
- Cando quero atopar presentacións Slidershare e vídeos recurro a Youtube
- Cando preciso unha busca máis social Pinterest e Twitter
- Mención especial para unha ferramenta que descubrín neste curso Feedly, meu agregador RSS
Para organizar e compartir 
- Google Drive
Para crear
- Word e Powerpoint
Para comunicarme e colaborar
- Linkedin, Facebook e Twitter
Para publicar
- Blogger
Para a comunicación directa utilizo Gmail (máis formal) e WhatsApp (máis informal)

Deíxovos un debuxo que ilustra todo isto:
MEU PLE



No hay comentarios:

Publicar un comentario