12 de noviembre de 2014

METEDURAS DE PATA E INTERNET. FIRMA INVITADA

Que tire a primeira pedra aquel que non teña unha anécdota curiosa coa utilización de internet e das redes sociais, ben porque o corrector ortográfico interpreta libremente o que queres poñer, ben porque o texto predictivo de whatsapp che xoga unha mala pasada ou ben porque na conta de outlook temos demasiadas Marías e mandamos o correo xusto á María que non queríamos, desas anécdotas hai miles.

Pero canto máis avanzamos no coñecemento e utilización de novas ferramentas, máis irrelevantes parecen esas pequenas anécdotas. Nas redes sociais non hai lugar para ao descanso, os seus usuarios están en alerta continuamente e basta que alguén diga algo inapropiado para que salte a chispa. Si esto pasa e se encende a mecha  pode provocar un efecto mediático que non nos deixará indeferente.

Fai dous anos, escoitei unha noticia que tiña que ver coa humillación sufrida por un demandante de emprego ao enviar un e-mail a unha empresa, quixen refrescar o contido agora que sei un pouco máis de redes sociais, e claro obviamente, atopeina, de feito o pasado mes de setembro no Blog Verne de El Pais, tamén falaban da noticia.

Estos son os documentos que desataron a polémica, alégrome que a personaxe principal aprendera a lección e decidira a partir de entón  tratar á xente con máis humanidade. 



Partindo desta desafortunada resposta, xurde o pesadelo para o seu autor, Nicolás Alcalá, pásovos a súa charla Ted, para que vos fagades unha idea da situación incomoda que pode xerar unha metedura de pata en internet.



E rizando o rizo, cabe a posibilidade incluso de que todo esto sexa unha campaña de publicidade encuberta ¿por qué non?  a finalidade cumplea, dous anos despois do incidente seguimos falando deles.

Xa o decía Oscar Wilde, "Que falen mal de un é espantoso, pero hai algo peor: que non falen."

PD: Grazas, grupo Trazando Futuro, tendes un bonito e interesante Blog de Orientación, engadireino ao meu feedly ;-)





No hay comentarios:

Publicar un comentario