O principio de individualización fai referencia ao trato persoanalizado que debe existir entre orientador/a e orientando. Partimos da idea que cada persoa ten unhas circunstancias persoais, familiares e sociais únicas e que, polo tanto, require dunha atención individualizada e adaptada ás súas circuntancias. Neste punto entrarían en xogo a posta en práctica de habilidades persoais e de comunicación co fin de realizar unha comunicación eficaz coa persoa participante. O dominio de técnicas da comunicación como a escoita activa faise esencial, a reformulación, empatía,... Trataríase polo tanto, de poder entender e comprender a situación de partida do participante, as súas expectativas ou mesmo o que espera de nós como profesionais; de coñecer tanto as súas debilidades como sobre todo as súas potencialidades.

Para que este principio se cumpra sempre, sería necesario promover que o contexto e condicións de traballo do/a profesional para que poida realizar as adaptacións necesarias en cada momento.
Por último, o principio de desenvolvemento e procura da autonomía da persoa. Persoalmente valoro fundamental ter presente este principio no traballo coas persoas. A orientaicón non debe basearse únicamente en mera transmisión de información sobre recursos a utilizar pola persoa participante, sennón que debe ir máis alá, sendo a orientación un instrumento de cambio na persoa usuaria. Así, este principio estaría en consonancia cos anteriores. Partindo dun traballo individualizado co participante, trataremos de potenciar as compentencias necesarias par que a persoa poida valerse por sí mesma e tomar as súas propias desicións relativas ao proceso de busca de emprego no futuro. Estamos a falar neste cso de traballar as competencias de acción que debe posuír a persoa (saber, saber facer, saber ser e saber estar).
Tendo en conta os recursos e problemáticas, que en ocasións son de difícil solución, trataríase en todo caso de traballar no só nos aspectos débiles da persoa senón sobre todo de reforzar as súas fortalezas e potencialidades. Neste proceso se abordarían o afianzamento de compentencias como a capacidade de autocoñecemento, a resolución de problemas, a toma de decisións,...
Outro aspecto a tratar, ademais das compentencias a nivel individual, sería o desenvolvemento de competencias a nivel de participación en redes socias, entendendo esta compentencia como facilitadora no proceso de desenvolvemento persoal e de procura de emprego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario