O meu panel Feedly
De todas as ferramentas que dimos que serven para filtrar contidos a que me
pareceu máis interesante para o meu traballo foi FEEDLY.
Feedly é unha ferramenta gratuíta que elimina o “ruido” que hai en
internet. Con esta aplicación podemos seleccionar e filtrar contido así como
manternos actualizados naqueles temas que son do noso interese.
Podemos filtrar e agregar toda aquela información que provén das fontes
seleccionadas previamente (sempre que admitan sindicación por RSS) nun mesmo
sitio. O resultado sería unha páxina feita a medida, unha especie de revista,
que se nutre constantemente das fontes que determino que son
relevantes para min.
A selección que fixen foi no ámbito do emprego e organicei a información en
diversas categorías: administración local, emprego na costa da morte, noticias, emprego privado, emprego público e emprendemento.
Por suposto, me temo, que esta non vai ser a clasificación
definitiva nin moito menos. Hai que ir investigando e modificando o noso panel
ao ritmo dos cambios e aprendizaxes que imos experimentando.
Aquí vos deixo a miña mostra:
No hay comentarios:
Publicar un comentario