30 de octubre de 2014

Reflexión módulo 2.



O Orientador  é o facilitador, guía oufaro” que abre camiño, pero nunca o "conseguidor" de obxectivos. Os obxectivos , os cumpre ou non,  exclusivamente o usuario, seguindo o consello e o asesoramento do orientador .
 
Este é a base  do traballo dun orientador  de laboral. A partir de aquí, o obxectivo do orientador  é analizar as circunstancias da persoa para guiar (formación, experiencia profesional, capacidades, limitacións, intereses, circunstancias persoais, etc) para ir marcándolle o camiño a seguir, determinar  que cousas deben cambiar e que aspectos deben mellorar, para finalmente acadar o resultado desexado. Todo iso coa innumerable cantidade de técnicas e recursos que existen hoxe. Entre elas as habilidades sociais
 
Está claro que  o obxectivo final de todo  usuario dun servizo de orientación é conseguir un emprego ou melloralo. E, sobre todo nestes tempos en que vivimos, onde a competencia é enorme e cada vez  hai que  utilizar máis recursos  na procura de emprego.

Polo tanto, na orientación profesional é moi importante saber  comunicarse, aprender a entendernos cos outros e ser eficaces nas situacións.


Se queremos ser eficaces no noso traballo diario, temos que  ser conscientes de cómo escoitamos  e donde  están as nosas carencias, xa que escoitar  é moito máis complexo  que falar. Escoitar  é  entender, comprender ou dar sentido ao que se escoita, tendo en conta os sentimentos, ideas e pensamentos.
A escoita activa é unha das competencias emocionais que máis se valora nas persoas e nos traballos. Como seres humanos que somos, relacionámonos socialmente con outras persoas na maior parte do día.

  Para realizar correctamente  a escoita activa é necesario:
  • Amosar empatía:  E decir,  poñernos no seu lugar . Para demostrar esta visión, debemos usar  frases como: "Eu entendo como se sente", "Eu observo ...".
  • Parafraseando:  Axuda a entender o que o outro está dicindo e permite comprobar si  realmente se entendeu  . Un exemplo pode ser : "Entón, o que pasou foi que..”

  • Emitir verbas de reforzo ou eloxios: Verbalizacións que supón un halago a  outra persoa ou reforzan o seu discurso para transmitir que se está de acordo co que o outro acaba de decir . Exemplos: "Isto é divertido"; "Encántame falar contigo" .  Outras frases menos directas tamén serven para transmitir o interese na conversa: "Ben", "umm" ou "excelente".
  • Resumir: Informamos a outra persoa do noso grao  de comprensión ou se precisa máis aclaracións. Exemplos :  "Se non che entendín  mal ..." "Entón, o que está dicindo é ..."  Expresións de aclaración son: "É correcto?"  "Estou no certo?" 

Cantas veces vimos compañeiros de clase con notas boísimas   ou xefes brillantes  no seu  traballo, que en realidade son incompetentes emocionalmente?   Son autoritarios, torpes nas relacións cos demáis, con escasa empatía e xeneran ambientes negativos e pouco gratificantes nos traballos.

Ata hai pouco seleccionábase ás persoas en  base ao seu cociente de intelixencia (CI), pola  cantidade de títulos que tiña ou por ter un expediente brillante. Agora sabemos que estes factores non son suficientes para determinar a valía  profesional e social de persoas. Ter éxito a nivel profesional tamén depende das cualidades persoais e da chamada  intelixencia emocional. 



Esta é a capacidade para poder  xestionar as nosas emocións e sentimentos  evitando que éstos afecten negativamente á  nosa vida diaria.  Ata fai pouco recoñecíamos con pasividade cales eran as nosas emocións e lles facíamos caso omiso , pois nunca nos ensinaran a dominalas e xestionalas.

Cales son os principios nos que nos basamos  para desenvolver a  intelixencia emocional?

1 - Coñécete a ti mesmo,  detectando  cales son os teus puntos fortes e cales son as túas debilidades.

2Aprende a manter a calma en situacións difíciles.  É moi importante non perder a calma e ser capaces de controlar os nosos impulsos.

3 -  Cando te relaciones, faino con empatía, sempre poñéndote no lugar dos outros.

4Toma a iniciativa e fai as cousas por ti mesmo sempre que sexa posible, responsabilizándote polas súas accións.

5 -  Desenvolve as habilidades necesarias para poder relacionarte dun xeito asertivo.

6 - Afronta e resolve os problemas dende unha  perspectiva diferente, sendo capaz de observar o teu entorno dende outro prisma.

Para rematar gustaríame destacar un fragmento dun artigo de Eduard Punset  titulado “ Nadie nos enseñó a sonreir”

“Afortunadamente, estamos descubriendo por fin la prioridad que deberíamos otorgar al aprendizaje emocional. Algo que está constatando la ciencia es la importancia de la gestión de las emociones básicas y universales y de su prioridad frente a los contenidos académicos como la capacidad de cálculo de los más pequeños, la caligrafía, la gramática… Incluso la adquisición de valores queda en un segundo plano. Aquí, en aprender a manejar las propias emociones –que no reprimirlas, como hemos venido haciendo durante siglos- reside la clave del éxito de los futuros adultos.”




No hay comentarios:

Publicar un comentario