29 de octubre de 2014

Relexión do módulo 2
Habilidades na comunicación e competencias dixitais no proceso de orientación

A palabra competencia é un concepto con varios significados, unhas veces fai referencia ao contexto de traballo e outras describe as características das persoas que o realizan.
Podemos definir competencia  como a estrutura integrada e complexa de coñecementos, habilidades, destrezas, valores, e actitudes que son necesarios para o desenvolvemento dunha determinada actividade laboral.

Habilidades sociais e persoais para a comunicación

Son probablemente o grupo de competencias máis importante do profesional da orientación. O orientador é un comunicador, traballa nun proceso comunicativo coas persoas. A súa ferramenta de traballo é a capacidade de comprensión e de expresión.

Nas nosas sesión de orientación requíresenos comunicar pensamentos, estruturar e relacionar información, dar respostas a preguntas, iniciar e manter conversas, reconducir o diálogo segundo o propósito inicial. Para realizar todo isto debemos manter un nivel de vocabulario que favoreza a comunicación, autenticidade e naturalidade na intervención.

Pero nestas accións orientativas as habilidades comunicativas cobran unha especial importancia, xa que ademáis de expresar ideas é fundamental saber escoitar para poder ter en conta a perspectiva da persoa á que se quere axudar.

Temos que ser especialmente coidadosos coas palabras que eliximos, moi respectuosos cos nosos orientados e orientadas. Poñernos no seu lugar, ser obxectivos e deixar de lado os nosos prexuízos.  Non debemos deixarnos levar pola primeira impresión, escoitar de maneira activa e ser asertivos cando é preciso.

Neste proceso entran en xogo tres funcións da comunicación lingüística: saber, saber facer e saber ser. Compre estar disposto ao diálogo crítico e construtivo, recoñecer o diálogo como ferramenta primordial para a convivencia, ter interese pola interacción cos demáis e ser conscientes da repercusión da lingua noutras persoas.

Non debemos olvidar o momento tan delicado no que estamos e que moitas persoas están nunha situación moi difícil e que debemos ser sumamente respectuosos con eles e coidar moito todos estes aspectos.

Neste punto quero facer mención a un tweet de Alfonso Alcántara: “No consigas tu autoestima a costa de la de otros. La gente olvida qué dices o haces pero no lo que les hiciste sentir”


Habilidades no manexo das tecnoloxías da información e da comunicación

Para adecuarnos aos cambios sociais acelerados e ao inestable ámbito laboral que estamos a vivir faise imprescindible a chamada “competencia dixital e do tratamento da información”.

A presenza das novas tecnoloxías permiten novas formas de comunicación, novos modelos organizativos e novas canles de información que abren diferentes camiños na busca de oportunidades.

A incorporación das TIC ao traballo do orientador  están cambiando as ata agora “clásicas intervencións orientadoras” e potencian a incorporación de novos roles moitas veces complementarios ás funcións que se viñan asumindo e que nun futuro próximo deberán ser incorporadas á formación dos especialistas en orientación.

Para facer posible esta innovadora función do persoal de orientación compre formarse e informarse, actualizarse profesionalmente a través de portais, blogues, foros etc.

Por suposto estes cambios non son doados e tampouco se lle debe esixir ao orientador ser un “experto” en todos os programas das novas tecnoloxías relacionadas co seu traballo aínda cando deba coñecelas e ser capaz de empregalas.

Por iso para concluír, quixera animar ás comunidades de orientadores a que perdan o medo no uso das TIC  e a coñecelas e traballar con elas. Poderemos así aproveitar todos os recursos que  nos ofrecen, para de esta forma facilitar a labor orientadora cunha optimización de recursos para as persoas usuarias do noso servizo e para nós mesmos.



ativó

No hay comentarios:

Publicar un comentario